Viaxe polas máscaras do Entroido galego no Espazo Xove de Chantada

Mercedes Vázquez Saavedra amosa na Casa da Xuventude de Chantada a súa exposición titulada «Viaxe polo mundo da máscara». CXC

A Casa da Xuventude de Chantada ofrece unha nova exposición vinculada ao tempo de Entroido.

EXPOSICIÓN ABERTA NA CASA DA XUVENTUDE EN FEBREIRO
Durante todo o mes de febreiro, pode verse neste espazo expositivo a mostra «Viaxe polo mundo da máscara», asinada pola sarriana Mercedes Vázquez Saavedra. Esta escritora, que tamén se define como percorredora de camiños, vén de completar unha investigación gráfica sobre as diferentes manifestacións da máscara en varias zonas de Galicia.
TESTIMONIO ETNOGRÁFICO DUN SINGULAR ELEMENTO DOS ENTROIDOS GALEGOS
A exposición da escritora sarriana reúne un total de cen fotografías, que dan boa conta das tradicións vinculadas á máscara dos Entroidos galegos, nun proxecto de gran interese etnográfico.
Mercedes Vázquez conta no seu haber con varios traballos, que xa percorreron varios espazos expositivos da provincia. O ano pasado, a autora sarriana amosou o seu proxecto fotográfico «Mulheres» no Espazo Xove de Chantada e no Museo Provincial de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Descubren pinturas murais inéditas durante a restauración da igrexa de San Vicente

Seguinte Nova

A Xunta convoca axudas por 26 millóns de euros para modernizar a transformación de produtos agrarios

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: