A Asociación Agromuralla pide á Xunta que as Oficinas Agrarias teñan «máis contacto co sector»

Imaxe da Oficina Agraria de Lugo. (Foto: AGROMURALLA).

Dende a Asociación Agromuralla, solicitaron ao Executivo autonómico «repensar o papel» das Oficinas Agrarias, dado que na actualidade están centradas en aspectos burocráticos da xestión dos fondos europeos. Agromuralla defende que se dote a estes organismos «de medios para que poidan cumprir a súa función», que entenden debe ser «dar asesoramento e apoio técnico ás explotacións asentadas no medio rural de Galicia». Segundo datos aportados por Agromuralla, Lugo é a segunda provincia de Galicia en número de Oficinas Agrarias, cun total de 18, só por detrás de Coruña, que ten 20, e por diante das 15 localizadas tanto en Ourense como na provincia de Pontevedra.
O presidente de Agromuralla, Roberto López, considera necesario «recuperar o papel orixinario destas Oficinas», que naceron nos anos 50 e 60 do século pasado, para modernizar o agro galego aportando asesoramento e coñecementos técnicos. Precisamente, dende Agromuralla critican a perda deste «contacto directo e colaboración» entre as Oficinas e os gandeiros debido a procesos como a xestión telemática das axudas. Por iso, piden a posta en marcha de «novos puntos de encontro e de relación», mediante «charlas ou visitas formativas».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rosa Cedrón e Emilio Rúa levaron o seu espectáculo «Diversións» ao público do Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Unha visita guiada de balde por Monforte serviu para celebrar o Día Internacional do Guía Turístico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: