A Xunta declara a Ribeira Sacra como nova área de rehabilitación integral supramunicipal

•Esta medida trata de impulsar a recuperación de case 2.000 vivendas nos primeiros dez anos

A medida beneficiará a 25 concellos de Lugo e Ourense, con 433 parroquias. (Arquivo EC).

A Ribeira Sacra conta coa consideración de área de rehabilitación integral (ARI) supramunicipal, logo da súa declaración por parte da Xunta de Galicia.

25 CONCELLOS E 433 PARROQUIAS EN 3.000 QUILÓMETROS CADRADOS
Segundo explicou o mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, tralo Consello da Xunta que aprobou esta medida o 20 de febreiro, esta nova área favorecerá a un total de 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense, nun total de 433 parroquias, dentro dunha superficie de 3.000 quilómetros cadrados.

O 35% DAS VIVENDAS ESTÁN REGULAR OU MAL
Feijóo precisou que o obxectivo desta declaración é fomentar a rehabilitación de case 2.000 vivendas durante os primeiros 10 anos, ademais das obras de reurbanización e urbanización que poderán levar a cabo os concellos.
O mandatario provincial remitiu a un estudo previo, no que se verificou que o 35% das vivendas desta zona están en estado regular ou malo, e o 5% amosa un estado ruinoso.
Feijóo explicou que esta medida permitirá financiar accións como a renovación de edificios, a mellora da accesibilidade ou da eficiencia enerxética. Os propietarios das vivendas recibirán ata 16.000 euros por actuación, e os concellos 2.000 euros por vivenda rehabilitada para facer obra pública. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis gasto social, investimentos en servizos, e rebaixa na taxa do lixo nos Orzamentos de Sober para 2020

Seguinte Nova

Os concellos de A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio reclaman á Xunta un obradoiro de emprego

Últimas noticias sobre GALERÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: