Medra nun 20% a capacidade do servizo de teleasistencia da Deputación

•O organismo provincial ofrece 240 prazas más, ata acadar as 1.795

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno do 21 de febreiro. GPDL

O pasado 21 de febreiro, a Deputación aprobou a adxudicación do servizo de teleasistencia domiciliaria, que o organismo provincial ofrece aos maiores dos concellos de toda a provincia. Segundo informou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, o orzamento é de 560.000 euros, para un contrato que estará vixente ata o 2022.

PRAZAS PARA USUARIOS INDIRECTOS CON TERMINAL PROPIA
Rivera precisou que, desta volta, o organismo provincial suma outras 180 prazas ás 1.555 xa existentes de usuarias directas, contempladas no anterior contrato de 2013. Estas 180 novas prazas van dirixidas a persoas que, convivindo co titular do servizo, reúnen tamén os requisitos para ser beneficiarias. Este grupo de usuarios disporán dunha unidade de control remoto adicional para o seu uso exclusivo, segundo apuntou o responsable de Promoción Económica e Social.

MÁIS PRAZAS PARA UN NOVO PERFIL DE USUARIOS
Ademais, hai outras 60 prazas beneficiarias indirectas, para persoas que conviven co usuario e necesitan as prestacións e atencións do servizo pero non teñen capacidade física, psíquica ou sensorial para poder empregar por si mesma esta atención. A particularidade deste tipo de prazas, segundo precisaron dende o organismo provincial, é que non teñen unidade de control remoto, e deben ser dadas de baixa ao mesmo tempo que o titular do servizo, salvo que pasen a depender doutra persoa usuaria titular coa que convivan.•

•MÁIS MELLORAS NA TELEASISTENCIA

O novo contrato do servizo de Teleasistencia introduce melloras respecto ao anterior contrato de 2013: • Achega de balde ata 60 terminais a maiores dos 1.555 esixidos obrigatoriamente á adxudicataria •Aporta ata 48 dispositivos periféricos vinculados ao terminal de Teleasistencia, incluíndo a súa instalación, mantemento e prestacións •Achega ata 48 terminais de teleasistencia móbil con sistema de xeolocalización e monitorización •Aporta dispositivos para usuarios con dificultades de comunicación verbal ou auditiva

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A XL Feira do Viño de Amandi celebrarase o 18 e o 19 de abril, con Benedicta Sánchez de pregoeira

Seguinte Nova

Case 50 concellos lucenses contarán cun desfibrilador financiado pola Deputación

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: