O I Campionato de Futbolín do Incio rebasou o cento de participantes e as fronteiras de Galicia

Na imaxe, a parella gañadora do primeiro premio do I Campionato de Futbolín do Incio, celebrado o 15 de febreiro. GPCI

O I Campionato de Futbolín do Incio acadou un éxito de participación, congregando na xornada do sábado 15 de febreiro a 120 parellas chegadas de toda Galicia, e tamén de Asturias e Castela-León. Dende o Concello, o alcalde, Héctor Corujo, felicitouse pola «alta participación», e tamén «pola importante inscrición local» nunha proba da que se está xa a preparar a segunda edición.
A proba, organizada polo Concello en colaboración con Lucus Recreativos, repartiu máis de 2.000 euros en premios. Na categoría local, quedaron primeiros Magdaleno e Pereiro, e segundos Manu e Vila.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción no Concello de Monforte aos taekwondistas Laura Álvarez e Álex Camba, recentes campións de España

Seguinte Nova

Máis dunha trintena de nenos e nenas participaron en Sarria na nova xornada da Liga Baby Basket

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: