A Rede Museística Provincial de Lugo ofrecerá actividades didácticas en liña

A Rede Museística Provincial porá en marcha actividades en liña, adaptando parte da súa programación didáctica á situación de excepcionalidade provocada pola crise do coronavirus Covid-19.

Segundo informaron dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cada día, ás 12:00 horas, desenvolveranse sesións virtuais nas que se invitará aos nenos e nenas a crearen o seu propio museo. Trátase dunha proposta que forma parte da oferta didáctica dos museos e que agora se traslada á rede poñendo a disposición das familias recursos para contribuír a que estes días de permanencia obrigada nas casas se fagan máis amenos.

“Día a día acompañaremos aos nenas e nenos para que creen os seus museos persoais con pezas de valor para eles, para que dialoguen cos seus maiores e recuperen a memoria, as raíces e a súa historia, para que debuxen, pinten, imaxinen e creen”, explicou en nota de prensa Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

Cando a Rede Museística recupere  a actividade habitual, ofrecerase ás familias a posibilidade de expoñer e compartir os seus traballos nos museos.

A TRAVÉS DA APLICACIÓN ZOOM

As actividades en liña ofreceranse a través de Zoom, unha aplicación empregada no ámbito educativo para a formación en liña que permite conectar ata 120 participantes con vídeo interactivo.

As persoas interesadas en participar nestas actividades didácticas online poden solicitalo na dirección electrónica redemuseistica@gmail.com, a través da que lles facilitarán o enlace e os contrasinais de acceso.

SEGUEN AS VISITAS VIRTUAIS E PANORÁMICAS

A Rede Museística Provincial tamén ofrece outros recursos en liña como as visitas panorámicas e virtuais ao Museo do Mar do San Cibrao, ao Pazo de Tor e ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preguntas máis frecuentes no 012 relacionadas coas restricións polo coronavirus

Seguinte Nova

Tendas de alimentación animal e servizos veterinarios poderán abrir durante o estado de alarma

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: