Dende o 13 de marzo, están suspendidas no Concello do Incio as actividades deportivas, culturais e sociais, así como o servizo do Punto de Atención á Infancia. O anuncio fíxose a través dun bando municipal, «en consonancia coas medidas excepcionais que vén de tomar a Xunta de Galicia para conter o número de casos de contaxio do coronavirus».
No bando, emitido polo Goberno local na mañá do venres 13, o Consistorio lembrou «a importancia de adoptar sinxelos xestos na nosa vida diaria para loitar contra o coronavirus, como son o non dar a man nen bicos para saudar, lavar as mans con frecuencia, e evitar aglomeracións de xente».
Estas medidas quedan ampliadas pola posterior declaración do estado de alarma polo Goberno central.