En marcha o Posto de Mando Avanzado da Xunta na provincia para loitar contra o coronavirus

Integra a todas as Consellerías, así como a representantes do Servizo de Emerxencias e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica

O delegado da Xunta en Lugo presidiu a sesión constitutiva do Posto de Mando Avanzado, que se celebrou na capital provincial o sábado 21 de marzo. GPDTL

A Xunta ten xa en marcha o Posto de Mando Avanzado na provincia de Lugo, que levará a cabo a análise xeral da situación da pandemia do coronavirus en terras lucenses, ao tempo que proporá “o mellor xeito de dar resposta ás demandas e necesidades” da provincia. Esta unidade centralizará, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as necesidades dos concellso, ademais de prestar apoio ás funcións vinculadas coa pandemia.

A constitución do Posto de Mando Avanzado tivo lugar o sábado 21 de marzo, nunha reunión presidida polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, á que asistiron representantes das Consellerías, así como do Servizo de Emerxencias e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica.  

Será a Delegación Territorial da Xunta en Lugo a entidade encargada de canalizar as ofertas de doazón de material que reciban as Consellerías dende empresas e particulares, así como de organizar a súa distribución. Esta última labor realizarase segundo as instrucións e prioridades establecidas polo Centro de Coordinación Operativa en Santiago e as autoridades competentes.

O mesmo día da constitución do Posto de Mando Avanzado, José Manuel Balseiro destacou que “a Xunta está a traballar sen descanso, con medios sanitarios e non sanitarios, para impulsar medidas coas que loitar contra o virus”, co fin de “estar preparados para facerlle fronte en todos os ámbitos”. A acción do Executivo autonómico inclúe, segundo Balseiro, “apoiar a quen máis o precisa e que non sufra un dano aínda maior a consecuencia desta situación de emerxencia”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello de Sober entrega de balde sulfatadoras a todos os concellos da Ribeira Sacra, para tarefas de desinfección

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte aproba aumentar un 50% a partida de emerxencia social pola crise do coronavirus

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss