O concello de Bóveda estuda medidas para suspender a cobranza de taxas e impostos para sectores afectados polo coronavirus.

O Concello de Bóveda vén de crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do coronavirus que na súa primeira reunión acordou estudar a suspensión de cobro de taxas, así como todos aqueles aprazamentos e fraccionamentos de taxas, impostos, etcétera, que fose preciso levar a cabo para os sectores económicos afectados, familias, empresas, etc. Unha medida que a Comisión Municipal desenvolverá nos vindeiros días.

Entre outras medidas, tamén se tomou a decisión de avaliar a necesidade de pechar as áreas recreativas, e seguir atendendo á cidadanía, en especial ás persoas máis vulnerables, así como manter a colaboración coas autoridades sanitarias, como se vén facendo desde que se decretou o estado de alarma.

Facilitaranse medidas que favorezan o teletraballo para os empregados públicos, sempre que sexa viable a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais.

Creouse ademais un foro de debate e suxestións sobre as medidas que o Concello pode adoptar para minimizar os efectos da pandemia no termo municipal de Bóveda.

Membros

A comisión está integrada polo alcalde, José Manuel Arias, e catro vogais.

–           1º Tte. De Alcalde e Delegado de Obras, D. José Luís Ribera Saco.

–           2º Tte. De Alcalde e delegado de servizos sociais D. Dionisio Blanco Rubiños.

–           A traballadora e Coordinadora de Servizos Sociais, Dna. Begoña Sánchez Roura.

–           O Secretario-interventor, D. Luís Eduardo Matías Sánchez.

Prestación de servizos

O Concello de Bóveda continúa coa súa actividade administrativa, pero adoptáronse medidas para evitar aglomeracións no Rexistro Municipal e en calquera servizo de Atención ao Público, acudindo á cita previa para que non se formen colas.

Recoméndase facer as xestións administrativas de xeito telemático a través da Sede electrónica do concello de Bóveda:

https://concellodeboveda.sedelectronica.es/info.0

Priorízase a atención telefónica e telemática.

Limpeza

O servizo de limpeza incrementarase nas dependencias municipais, centros de saúde, Casa da Cultura e Grupo Escolar, mantendo especial coidado na limpeza e desinfección das superficies ás que acceda o público.

Axuda no fogar

En canto ao persoal de servizo de axuda no fogar mantéñense os servizos imprescindibles de atención persoal e mantemento de alimentación e medicación. Os usuarios de suspensión temporal teñen seguimento telefónico a través das súas auxiliares.

Tamén se lle proporcionou ao persoal instrucións para previr a transmisión do coronavirus e se reorganizaron os horarios cos servizos básicos e imprescindibles.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello do Incio suspendeu dende o 13 de marzo as actividades deportivas, culturais e sociais

Seguinte Nova

O concello de Sober entrega de balde sulfatadoras a todos os concellos da Ribeira Sacra, para tarefas de desinfección

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: