O concello de Sober entrega de balde sulfatadoras a todos os concellos da Ribeira Sacra, para tarefas de desinfección

O Concello de Sober xestionou coa empresa local PulviPlass Ibérica a compra de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas e máscara protectora para entregar en todos os Concellos da Ribeira Sacra.

O Goberno local do Concello de Sober decide tomar esta medida para axudar aos concellos veciños nas tarifas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que desde hoxe mesmo lle farán entrega dos equipos, que levan por nome Sober, aos concellos da Ribeira Sacra para que poidan empezar a empregalos canto antes, como así o vén facendo a localidade desde que se decretou o estado de alarma.

A entrega farase nos 25 concellos que pertencen á Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. A partir de agora disporán de máquinas de alta presión con xogo de boquillas, unha dobre especialmente indicada para desinfección.

O reparto vai facerse a través dos GES e Grupos de Protección Civil da Comarca, que colaborarán co Concello de Sober nesta iniciativa.

O alcalde agradece tamén a colaboración de PulviPlass Ibérica, a única empresa deste sector que fabrica en Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello de Bóveda estuda medidas para suspender a cobranza de taxas e impostos para sectores afectados polo coronavirus.

Seguinte Nova

En marcha o Posto de Mando Avanzado da Xunta na provincia para loitar contra o coronavirus

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir aInicio

Don't Miss