O centro educativo Monte Baliño de Pantón, ven de ceder estes días os alimentos perecedeiros aos Servizos Sociais do Concello co fin de que lles sexan achegados a todas aquelas persoas ou familias con menos recursos, nun tempo no que moitas perderon o seu traballo e sustento pola cuarentena do coronavirus.
O propio Concello e todos os seus traballadores dos diferentes servizos, estanse implicando para paliar esta situación.
Dende a pasada semana, habilitouse un servizo para cubrir as necesidades de todos aqueles que estén aillados, non teñan recursos o sufran problemas de mobilidade.
Os teléfonos de contacto para este servicio son o 982 456561 – 607 042077