Concurso de cinema para os máis pequenos, e diversos contidos nas redes sociais para o público en xeral
O Concello de O Saviñao continúa a artellar medidas que contribúan a facer máis levadeira a parálise creada polo coronavirus. A través da Biblioteca Municipal vén de crear unha conta de Twitter con propostas de actividades e lecturas gratuitas. É o caso do concurso de cinema dende a casa, que se enmarca na iniciativa da Xunta de Galicia Festivalino Kids 2020. As bases do mesmo poden atoparse na seguinte ligazón: http://festivalino.mrmisto.es/festivalino-kids-2020/.
Dende a entidade local animan a participar neste proxecto que está aberto a todos os contidos audiovisuais orientados ao público infantil que non superen os 20 minutos de duración. Valorarase a orixinalidade, calidade e valor didáctico e lúdico das creación.
Para os máis adultos, e a petición do propio instructor, todos os días nas redes sociais municipais colgarase un tutorial de exercicios. Deste xeito, Marcos Moreiras, que xa foi moitor de deporte do Concello no pasado, explica distintas rutinas para que os cidadáns se manteñan e forma e, de paso, ser unha opción a ter en conta para axudarlles a pasar mellor o confinamento.
Reparto de alimentos
O Concello mantén o reparto de alimentos e medicinas a domicilio ás persoas que así o están a solicitar, chamando ao número da Casa Consistorial: 982. 452.061, ou facéndoo constar a través dos Servizos Sociais. Con esta medida, o goberno local pretende evitar os desprazamentos e que a xente saia das súas casas e con elo reducir a posibilidade de contaxio polo COVID-19.