Membros do exército, despreganse desde hoxe domingo día 22/03/2020 en Monforte de Lemos, para facer labores de control.
O obxectivo é establecer procedementos e vínculos con autoridades locais e forzas e corpos de seguridade no marco do dispositivo anti-coronavirus.
O seu traballo consistirá en recoñecer as zonas máis conflitivas e infraestruturas críticas e establecer un vínculo sólido e eficaz coas autoridades locais e co resto das forzas e corpos de seguridade do estado.
Con estas medidas buscase colaborar nas tarefas de presenza e vixilancia no caso de posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma en zonas de especial risco de contaxio.