Mensaxe do Alcalde de Monforte ós monfortinos e monfortinas ante o COVID-19

Estimados veciños e veciñas de Monforte:

O coronavirus COVID-19 rachou o noso día a día, a nosa vida normal. Nos momentos de crise sanitaria que nos toca vivir, quero compartir con todos vós, o ánimo e a forza que necesitamos para saír entre todos adiante.

Quero que saibades que o Concello está ó voso lado para o que necesitedes en momentos tan difíciles, nos que o máis importante é estar unidos, é estar xuntos, para seguir as recomendacións das autoridades sanitarias.

Tanto o Equipo de Goberno como o persoal do Concello, seguimos día a día traballando de xeito presencial ou por traballo telemático, para loitar contra este virus e tratar de axudar ós nosos veciños e veciñas naquelas necesidades que van xurdindo durante esta crise, sobre todo para os máis necesitados.

En especial, estamos colaborando estreitamente cos colectivos máis vulnerables ante o coronavirus, como son os nosos maiores e as persoas que os coidan.

Apoiamos, na medida das nosas posibilidades, co subministro de material de protección e desinfección para o coronavirus, tan necesario e ás veces é tan escaso nestes momentos.

Sei que, como nos recomendan, moitos de vostedes estanse quedando nas súas casas, estades seguindo as recomendacións que nos indican as autoridades sanitarias.

Esta é a mellor maneira de loitar contra o contaxio do Coronavirus, por iso anímovos a seguilo facendo, polo ben de todos, polos que máis queremos, pero tamén por nós mesmos.

Quero agradecer de xeito especial o esforzo que ven facendo o persoal sanitario, as Forzas Armadas, a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Local, polo inmenso traballo que veñen facendo día a día.

Veciños e veciñas de Monforte, quero agradecer o voso compromiso diante desta crise. Moito ánimo e moita forza para todos os monfortinos e monfortinas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En tempos de confinamento polo Coronavirus, a Xunta pon a disposición dos cidadans recursos culturais on line

Seguinte Nova

A CIG-SAUDE quéixase da falta de EPI,S no Hospital Comarcal de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss