A CIG-SAUDE quéixase da falta de EPI,S no Hospital Comarcal de Monforte

Según declaracións de Vicente Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte

  Dende a central sindical CIG-SAÚDE, no hospital público de Monforte, sinalan as deficiencias que está a haber con respecto aos protocolos e aos medios de protección que se lle facilitan aos traballadores. Denuncian o estado no que se atopan os traballadores de urxencias, que son os primeiros en recepcionar os posibles infectados co COVID 19.

Según o comunicado remitido, «o material que se lle está a proporcionar son mascarillas cirúrxicas caducadas dende 2014. Estas mascarillas ao pouco rato de uso desfanse co cal as teñen que arranar con esparadrapo. Teñen unha bata para todo o turno, nada de traxe, nin buzo nin nada polo estilo. Eles mesmos están a facer traxes con bolsas de plástico doadas tamén por un supermercado.As gafas de protección déronllas ao principio, agora xa nada, tendo que facer eles pantallas ou mercalas. As calzas son de papel co que se rompen con facilidade e a maiores o papel non ailla. Cando ten que ingresar algún paciente fáise o cambio da camilla para a cama no pasillo de urxencias, unha zona de tránsito, co cal pódese contaminar.  O celador sube ao paciente sin a protección adecuada, so cunha bata curta, mascarilla cirúrxica(caducada), e un gorro de quirófano que é de papel tamén.»

Por outra banda, según CIG-SAUDE,   «pedimos que aos celadores se lles faga un seguimento como aos demais traballadores do hospital». E por último e mais grave,hoxe estivo a traballar unha enfermeira das listas de contratación pendente do resultado dun test, estivo sin mascarilla porque non había, ata que ao longo da mañá lla trouxo a supervisora. Ao final esta enfermeira enteróuse de que era positiva porque entrou ela a mirar a súa historia, non porque ninguén llo comunicara.»

 Vicente Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte , reclama test a todos os traballadores, sobre todos aos contactos directos. «Non pode ser que sexamos nos os axentes infecciosos que podamos contaxiar aos doentes».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mensaxe do Alcalde de Monforte ós monfortinos e monfortinas ante o COVID-19

Seguinte Nova

A Deputación ofrece ás persoas que teñen billete para os catamaráns a devolución do importe ou cambiar a data da viaxe

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: