A Deputación ofrece ás persoas que teñen billete para os catamaráns a devolución do importe ou cambiar a data da viaxe

A institución estase poñendo en contacto cos titulares dos pases para ofrecerlles estas alternativas ante a suspensión temporal do servizo con motivo da crise sanitaria do coronavirus

A Deputación de Lugo estase poñendo en contacto con todas as persoas que efectuaron reservas para realizar viaxes en catamarán polos ríos Miño e Sil nesta nova temporada que comezaría esta fin de semana. Por mor do coronavirus COVID-19, este servizo quedou suspendido temporalmente, pero dende a institución provincial danlle a opción aos titulares dos pases, ben de reintegrarlles a cantidade aboada,  ou ben de manter a reserva á espera de fixar unha nova data.

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que “se están mandando correos electrónicos ás persoas que se rexistraron a través do portal web para comunicarlles a suspensión e darlles a liberdade de escoller entre as dúas opcións que lles ofrecemos: a devolución do importe ou o cambio de data”. 

García Porto agradece as persoas que fixeron reserva nas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra “a súa confianza” e espera “que pronto nos poidan acompañar e desfrutar da provincia de Lugo e das súas múltiples ofertas de lecer”.

Se alguén que teña efectuada unha reserva quere resolver algunha dúbida ou aclaración pode chamar ao número de teléfono 982.260.196, en horario de 7:30 a 14:30 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A CIG-SAUDE quéixase da falta de EPI,S no Hospital Comarcal de Monforte

Seguinte Nova

A Xunta entregou equipos de protección a todos os concellos das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: