A Torre da Homenaxe de Monforte, en verde esperanza

O Concello decidiu homenaxear así aos traballadores dos servizos esenciais, sobre todo aos sanitarios, pola súa labor durante a pandemia

Aspecto da paisaxe nocturna de Monforte de Lemos, coa Torre da Homenaxe, emblema da cidade, tinguida de cor verde como tributo aos traballadores de servizos esenciais e persoal sanitario. GPCM

Os traballadores que están a cubrir os servizos esenciais en Monforte durante esta pandemia recibiron unha homenaxe moi especial. Na noite do venres 3 de abril, a Torre da Homenaxe apareceu iluminada coa cor “verde esperanza”, nun xesto co que o Concello quixo render tributo ao esforzó destes profesionais, en especial ao persoal sanitario.

SECTORES ESENCIAIS, CORPOS DE SEGURIDADE, ADMINISTRACIÓNS E EMPRESAS E PERSOAS “QUE COLABORAN DE MANEIRA ALTRUÍSTA”

O alcalde de Monforte, José Tomé, afirmou que con esta iniciativa quixo facer partícipe a toda a veciñanza da cidade “do noso agradecemento a toda esta xente que segue a traballar na loita común contra o COVID-19: en especial, o persoal sanitario, pero tamén os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, o sector primario, as Administracións e entidades públicas e privadas”. Así mesmo, o rexedor monfortino engadiu nesta homenaxe “tamén a todas aquelas empresas e persoas que de maneira altruísta están a colaborar nesta fronte común que é a loita mundial contra o coronavirus.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta entregou equipos de protección a todos os concellos das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Seguinte Nova

Bóveda agradece o envío de material de protección da Xunta

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: