Bóveda agradece o envío de material de protección da Xunta

Estes equipos súmanse aos que foi adquirindo o Goberno local dende que comezou o estado de alarma

Recepción en Bóveda do material de protección remitido dende a Xunta, polo alcalde, José Manuel Arias, e o concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Dionisio Blanco, o pasado 1 de abril. GPCB

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, expresou o seu agradecemento á Xunta polo envío de equipos de protección para os traballadores dos servizos esenciais, así como pola dotación de persoal que realizou labores de desinfección en varios puntos do munipio.

EQUIPOS COMPLETOS PARA TRABALLAR CON SEGURIDADE

Segundo explicou Arias, a aportación material da Xunta sumouse aos recursos que xa fora adquirindo o Goberno local dende que se decretara o estado de alarma. O lote entregado pola Xunta, e que se recibiu no Concello o primeiro de abril, estivo composto por 700 guantes, 300 máscaras cirúrxicas, 6 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico, 4 litros de lixivia, e 13 buzos antisalpicaduras.

A recepción deste lote realizouna o propio rexedor de Bóveda, xunto ao concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Dionisio Blanco. Os equipos destínanse aos traballadores dos servizos municipais que o precisen, como o servizo de axuda no fogar, cuxos usuarios tamén poderán recibir este tipo de recursos.

TAREFAS DE DESINFECCIÓN

Dende o Concello de Bóveda salientaron que o Consistorio segue a desenvolver as tarefas de desinfección de rúas e de espazos de uso comunitario. Nesta labor, contan co apoio do operativo do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF), encargados da desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde de municipios da provincia de Lugo con menos de 5.000 habitantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Torre da Homenaxe de Monforte, en verde esperanza

Seguinte Nova

Monforte súmase á campaña do Ministerio contra a violencia de xénero durante o confinamento

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: