Monforte súmase á campaña do Ministerio contra a violencia de xénero durante o confinamento

Seguen operativos as 24 horas do día os teléfonos directos 016 e 900 400 273 para que as vítimas poidan denunciar con seguridade

Cartaz informativo da nova campaña de Igualdade destinada á protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma. GPCM

A axuda e asistencia ás vítimas de violencia de xénero non baixa a garda durante o confinamento. Para garantir a asistencia, o Ministerio de Igualdade vén de activar unha campaña, á que se sumou o Concello de Monforte. Baixo o lema “Estamos contigo, a violencia de xénero parámola unidas”, a campaña trata de concienciar contra a violencia de xénero e alertar ante situacións de violencia dentro dos fogares. A iniciativa busca tamén que a cidadanía asuma a importancia de manter  unha boa convivencia, especialmente durante este período de confinamento  necesario por mor desta pandemia do coronavirus. A campaña as ferramentas e canles necesarias para denunciar unha situación de violencia de xénero, mediante a publicación dunha guía que pode consultarse na web municipal www.monfortedelemos.es.

ATENCIÓN A CADA CASO CONCRETO, CON ASESORÍA XURÍDICA E APOIO PSICOLÓXICO

Dende o Concello de Monforte lembraron que seguen funcionando con normalidade os teléfonos directos 016 e o 900 400 273, operativos as 24 horas do día e destinados ás vítimas de violencia de xénero, para que poidan denunciar con seguridade posibles agresións e situacións de conflito. A asistencia telefónica inclúe  información xeral e asesoramento en cada caso concreto, con servizo de asesoría xurídica e apoio psicolóxico.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda agradece o envío de material de protección da Xunta

Seguinte Nova

Sober agradece á Xunta o terceiro lote de materiais de protección para o persoal municipal

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: