Sober agradece á Xunta o terceiro lote de materiais de protección para o persoal municipal

Dende o Consistorio solicitaron á Deputación que destine recursos para adquirir equipos de protección individual

O lote recibido en Sober é o terceiro que envía a Xunta a este Concello para colaborar na loita contra o coronavirus. GPCS

O Concello de Sober agradeceu ao Executivo autonómico o envío do que xa é o terceiro lote de materiais de protección para o municipio. Ata o momento, o Consistorio recibiu da Xunta 1400 luvas, 500 máscaras cirúrxicas, 48 traxes antisalpicaduras, 6 botes de xel hidroalcoholico de 500 cc. e 5 litros de hipoclorito, que se destinarán ao persoal de Servizos Sociais, do Centro de Saúde e da Residencia da Terceira Idade.

MÁIS MATERIAIS PARA SUMAR AOS ADQUIRIDOS POLOS CONCELLOS E AOS APORTADOS POR EMPRESAS E PARTICULARES

A estas aportacións autonómicas hai que sumar, segundo precisaron dende o Concello de Sober, os recursos adquiridos polo Goberno local, e os doados por particulares e empresas, como foi o caso das sulfatadoras aportadas por Pulviplass e as viseiras cedidas por Héctor Suárez.

Dende o Concello, o alcalde, Luis Fernández Guitián, gabou a labor da Xunta, por ser “a administración que máis está arrimando o ombreiro nestes momentos duros”. Guitián precisou que, ademais dos recursos materiais, a Xunta achegou persoal para a desinfección do Centro de Saúde e da Residencia de Maiores. Neste sentido, o rexedor aproveitou facer facer un chamamento a outras administracións, citando expresamente á Deputación de Lugo e ao Estado, para que “colaboren e destinen recursos” para adquirir materiais, en especial equipos de protección individual.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte súmase á campaña do Ministerio contra a violencia de xénero durante o confinamento

Seguinte Nova

Homenaxe de aplausos aos traballadores da Residencia da Terceira Idade de Sober

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: