Maite Ferreiro insta aos concellos a solicitar que se derogue a Lei Montoro

A vicepresidenta da Deputación cre que a limitación do gasto que impón esta norma impide que os concellos destinen remanentes á loita contra o impacto do coronavirus

Imaxe de arquivo da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro. GPVDL

A importancia das administracións locais para conter os efectos da pandemia do coronavirus foi destacada pola vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, no seu chamamento aos Concellos para plantear a derogación da denominada Lei Montoro.

“ANTEPOÑER AS NECESIDADES SOCIAIS AOS INTERESES DA BANCA”

Segundo lembrou en nota de prensa a mandataria provincial, a Lei de Estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira, aprobada en 2012, limita a capacidade de gasto dos Concellos. Esta medida impide, para Ferreiro, que os Consistorios poidan destinar remanentes orzamentarios de anos anteriores a paliar o impacto socioeconómico da pandemia.  “Estamos nunha situación excepcional que requerirá un esforzo por parte de todas as administracións”, afirmou a mandataria nacionalista, quen insistiu en que “os concellos teñen que dispoñer de mecanismos para afrontar as consecuencias desta emerxencia sanitaria, antepoñendo as necesidades sociais aos intereses da banca”. Maite Ferreiro subliñou a necesidade de derogar a Lei Montoro e dar marxe de gasto aos Concellos para que actúen, evitando así que sexan “as traballadoras e os sectores sociais  desfavorecidos os que paguen a factura da crise, como aconteceu coa crise financeira de 2008”.

A ELIMINACIÓN DO LÍMITE DE GASTO FACILITARÍA “POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO E REACTIVACIÓN ECONÓMICA”

Por este motivo, Maite Ferreiro animou aos concellos a que soliciten diante do Goberno central a derogación da Lei Montoro, porque “hoxe é máis necesario que nunca”. A vicepresidenta provincial abogou ademais por levar adiante esta iniciativa “para facilitar que desde os Concellos e as Deputacións poidamos adoptar políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica”.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os concellos lucenses poderán celebrar plenos e reunións telemáticas durante a pandemia

Seguinte Nova

Xunta e adegueiros valoraron o impacto da crise sanitaria e as medidas para reactivar o sector

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: