Os deputados provinciais do PP doan o 30% do soldo de abril e das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados

A recadación irá ao fondo da Xunta para a compra de material de uso sanitario

No centro da imaxe, o portavoz do Grupo Popular na Deputación, Javier Castiñeira. (Arquivo EC)

Os deputados provinciais do Partido Popular de Lugo doarán o 30% do seu soldo de abril e das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados para colaborar na loita contra os danos polo coronavirus. Segundo informaron dende esta formación política, os cartos destinaranse á compra, por parte da Xunta de Galicia, de material sanitario para facer fronte á emerxencia sanitaria.

AGRADECEMENTO ÁS DOAZÓNS FEITAS POR PARTICULARES E EMPRESAS DE TODA A PROVINCIA PARA AFRONTAR A EMERXENCIA SANITARIA

O portavoz do Grupo Popular na Deputación, Javier Castiñeira, afirmou que “é o momento de colaborar, porque toda a axuda é importante para loitar contra esta pandemia”.

Dende o Partido Popular de Lugo manifestaron o seu agradecemento polas axudas e doazóns que están efectuando particulares e empresas de toda a provincia para facer fronte a esta crise sanitaria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación adianta aos Concellos 11 millóns de euros dos pagos mensuais por tributos previstos ata xuño

Seguinte Nova

O Concello de Sober ofrece mascarillas gratuítas a toda a veciñanza

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss