Persoal da Xunta completaron novas desinfeccións en cinco concellos do sur lucense

As actuacións máis recentes realizáronse nos centros de saúde de Bóveda, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Seoane e Folgoso do Courel

Un operario da Xunta desinfecta os exteriores da Residencia para persoas con discapacidade de Bóveda, o 8 de abril. GPDTL

A Xunta vén de completar unha nova quenda de desinfeccións nos exteriores de centros de saúde e residencias. No total da provincia, os operarios da Xunta realizaron case unha trintena de accións en concellos da Montaña, A Mariña, comarca de Lugo, Terra Chá e zona sur. Neste último territorio, actuouse nos centros de saúde de Bóveda, A Pobra do Brollón, Quiroga e Ribas de Sil, ademais dos centros de saúde de Folgoso e Seoane do Courel.

As labores de desinfección estiveron a cargo dos profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, para fomentar a seguridade de traballadores e usuarios dos centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte apraza o pago de impostos municipais

Seguinte Nova

Os 13 deputados do Goberno provincial doan o 30% do salario de abril para paliar os danos da pandemia

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss