Aprazado o concerto de Xoán Curiel no Facebook do Concello da Pobra

Estaba previsto para o sábado 11 de abril, pero aprazouse polo «apagón cultural» convocado polo sector contra o Ministerio de Cultura

O artista da Fonsagrada Xoán Curiel, unha das actuacións previstas no ciclo #CosPésNaCasa, que o Concello da Pobra do Brollón ten en marcha para animar o confinamento da veciñanza. GPCPB

O Concello da Pobra do Brollón tiña previsto emitir en directo, a través da súa páxina de Facebook, un concerto do artista da Fonsagrada Xoán Curiel, o sábado 11 de abril ás 21:00 horas. A actuación queda aprazada, debido á «folga cultural» que o sector vén de convocar para protestar pola falta de medidas concretas do Ministerio de Cultura. na tarde do sábado 11 de abril. A iniciativa deixaría en silencio cultural ás redes durante o venres 10 e o sábado 11 de abril, para presionar ao Ministerio a que aprobe medidas específicas para paliar os danos da emerxencia sanitaria no sector da cultura.

A que sería a sesión do ciclo de concertos en directo #CosPésNaCasa queda pendente de nova data.

TEMAS DE RAÍZ GALEGA CON INFLUENCIAS DAS VIAXES POR VARIOS PAÍSES

Xoán Curiel tiña previsto interpretar diversos temas, resultado das súas vivencias en viaxes e xiras culturais por Arxentina, Portugal e Italia. O concerto incluiría tamén temas do seu último disco, “Canta miña pedra, canta”, vinculado directamente coa música tradicional galega.

A MESMA IDEA DOS CONCERTOS NAS TERRAZAS ANIMA AGORA O CONFINAMENTO EN REDE

Segundo explicaron dende o Concello, o ciclo #CosPésNaCasa recolle o relevo da iniciativa musical que, baixo o nome de “Cos Pés na Terraza”, animou as noitiñas do verán pasado por diversos bares da Pobra. Desta volta, a idea é animar á veciñanza durante o confinamento nos fogares con sesións de boa música en directo. O ciclo ten prevista a súa terceira sesión, cando remate a folga cultural, para dar continuidade ás actuacións das pasadas semanas a cargo de Ale González e Benxamín Otero.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Banda de Música de Sober grava unha peza para levar a esperanza aos fogares no confinamento

Seguinte Nova

O bus municipal de Monforte acada en mes e medio máis usuarios que en todo 2019

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: