Monforte foi un dos cinco concellos lucenses que dispuxo de novo dos servizos da Unidade Militar de Emerxencias
Na xornada do luns 13 de abril, un operativo da Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregouse en Monforte de Lemos para desenvolver tarefas de desinfección, dentro das labores previstas en cinco concellos da provincia de Lugo. Monforte foi un dos cinco municipios lucenses nos que actuou este operativo especial, xunto a Monterroso, Viveiro, Ribadeo e Burela.
DESINFECCIÓN DE RESIDENCIAS, CUARTEIS E COMISARÍA EN CATRO CONCELLOS, E NO CENTRO PENITENCIARIO DE MONTERROSO
Segundo informaron dende a Subdelegación do Goberno en Lugo, os efectivos da UME procederon á desinfección das instalacións da residencia DomusVI de Monforte. Así mesmo, en Monterroso realizaron esta labor no centro penitenciario. Nos concellos da Mariña, a UME actuou nos cuarteis da Garda Civil de Ribadeo e Burela, e en Viveiro desinfectou a residencia de maiores Betania e a Comisaría da Policía Nacional.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou que esta é a terceira vez que a UME desenvolve operacións de asistencia na provincia dende o inicio da pandemia do coronavirus.