Lembrar as experiencias turísticas na Ribeira Sacra a través dun álbum virtual

A iniciativa do Consorcio de Turismo, con gran acollida, seguirase dunha proposta de escape room on line

Cartaz promocional do álbum virtual de lembranzas turísticas, promovido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. (CTRS)

A pandemia está a afectar ao turismo, pero grazas ás novas tecnoloxías, a Ribeira Sacra segue viva. Dende o Consorcio de Turismo teñen en marcha a elaboración dun álbum de lembranzas sobre estadías e experiencias de viaxe pola Ribeira Sacra. Segundo a xerencia do Consorcio, a iniciativa está recibindo gran acollida, mediante “numerosos correos electrónicos con fotografías e frases fermosas”. Está previsto que o álbum poida verse en formato vídeo a mediados do mes de abril.

PRÓXIMA ESCAPE ROOM ON LINE PARA DESFRUTAR DA RIBEIRA SACRA SEN RISCOS

Ademais desta proposta, o Consorcio de Turismo está traballando con intensidade para dar vida á Ribeira Sacra como destino turístico. As novas tecnoloxías permiten desfrutar deste territorio sen medo ao contaxio, por exemplo a través da escape room on line que están perfilando os responsables deste organismo. No proxecto, implicáronse “de xeito desinteresado” axentes do sector turístico da Ribeira Sacra.

CANLE DE COMUNICACIÓN PARA DIAGNOSTICAR O IMPACTO DA CRISE NO SECTOR TURÍSTICO DA ZONA

Xa no eido da xestión, o Consorcio informou da posta en marcha dunha canle de comunicación, tamén telemática, “aberta a todo o sector empresarial do tecido turístico deste xeodestino”. A finalidade é poder diagnosticar a situación actual en aspectos “laborais, fiscais e económicos” polo impacto da emerxencia sanitaria e o estado de alarma. Dende a xerencia afirmaron dispoñer xa de datos, os recibidos a través do servizo de consultas que tiña en marcha o Consorcio, pero que a nova canle permitirá obter “unha imaxe máis fidedigna” da situación real.

Así mesmo, o Consorcio de Turismo amosou a súa intención de seguir traballando “de xeito colaborativo” para valorar propostas de traballo e suxerencias para o retorno á actividade habitual cando remate o periodo de confinamento. Dende o Consorcio destacaron tamén a “participación activa” da Asociación Ribeira Sacra Rural.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reparto de mascarillas en estacións de tren e autobús do sur de Lugo

Seguinte Nova

O Concello do Incio repartirá mascarillas á veciñanza “casa por casa”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: