O BNG de Sarria ofrece ao Goberno local colaboración conxunta para paliar as consecuencias da pandemia

O portavoz nacionalista, Efrén Castro, salientou a necesidade de artellar a reactivación dun concello moi vinculado ao Camiño de Santiago

Imaxe de arquivo do voceiro nacionalista no Concello de Sarria e na Deputación, Efrén Castro. (Arquivo EC)

O BNG de Sarria ofreceu ao Goberno local a súa colaboración para atopar medidas que palíen o impacto económico e social da crise do coronavirus. En palabras de Efrén Castro, portavoz dos nacionalistas no Concello sarriao e na Deputación, o BNG tende a man ao Goberno presidido por Claudio Garrido “para sumar ideas e propostas que contribúan a saír da crise da mellor maneira posible para as veciñas e veciños de Sarria”.

“MOMENTO DE PELEXAR XUNTOS CONTRA AS CONSECUENCIAS DESTA EMERXENCIA”

No escrito que dirixiu á Alcaldía, dado a coñecer o 13 de abril, Castro recoñeceu que o Goberno local “tivo que adicar os seus esforzos”, durante as primeiras semanas do estado de alarma, “para atender as urxencias” desta situación extraordinaria. O nacionalista considerou que “agora é o momento de compartir información, estar unidos e pelexar xuntos contra as consecuencias desta emerxencia sanitaria”.

SOLUCIÓNS ESPECÍFICAS PARA SARRIA, “MOI CENTRADA NO CAMIÑO”

O nacionalista salientou a necesidade desta colaboración conxunta “nun tempo de incerteza”, no que hai “moitas persoas afectadas por problemas de saúde e dificultades económicas”. Efrén Castro considerou importante atopar “medidas que complementen ás que se adoptan desde outras administracións”, co fin de “atender necesidades específicas do tecido económico do municipio de Sarria, moi centrado no Camiño de Santiago”.

POSIBLE REUNIÓN POR VIDEOCONFERENCIA

Castro rematou o seu escrito lembrando a viabilidade desta reunión por vía telemática, grazas ás novas tecnoloxías. O nacionalista puxo de relevancia a recente iniciativa da Deputación de Lugo que permite aos concellos realizar xuntanzas virtuais por videoconferencia, respectando así a seguridade do confinamento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A UME volveu a Monforte para realizar novos traballos de desinfección

Seguinte Nova

O Concello de Bóveda prepara un reparto de mascarillas e luvas para toda a veciñanza

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss