Reparto de mascarillas en estacións de tren e autobús do sur de Lugo

O lote aportado polo Goberno central para a provincia foi de 74.000 mascarillas

Reparto de mascarillas na estación de autobuses de Sarria, na mañá do luns 13 de abril. (GP Subdelegación Goberno en Lugo).

O primeiro día de incorporación laboral trala hibernación económica pola pandemia do coronavirus estreouse con reparto de mascarillas. O Goberno central enviou un lote de 74.000 unidades para distribuir aos usuarios do transporte público en varias localizacións da provincia. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou que “o uso de mascarillas non é obrigatorio, pero sí recomendable” para evitar o contaxio do coronavirus.

MONFORTE, SARRIA E CHANTADA, ENTRE AS LOCALIZACIÓNS CON REPARTO DE MASCARILLAS

Segundo explicou Rodríguez, as mascarillas recibíronse esta fin de semana, e a súa distribución comezou ás 6.40 da mañá do luns 13 de abril, en estacións de autobuses e de tren, así como en lanzadeiras e paradas de buses urbanos, con especial atención ás liñas que dan servizo aos polígonos de O Ceao, As Gándaras e As Arieiras, así como ao Complexo Hospitalario Universitario de Lugo (HULA). O reparto tivo como puntos de acción a capital provincial, e as localidades de Monforte de Lemos, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Vilalba, Chantada e Sarria.

A distribución de mascarillas realizouse a través da Policía Nacional e Garda Civil, coa colaboración da Policía Local e membros de Protección Civil, baixo a coordinación da Subdelegación do Goberno.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Últimos días para presentar traballos ao Concurso de Microrrelatos do IES Río Cabe

Seguinte Nova

Lembrar as experiencias turísticas na Ribeira Sacra a través dun álbum virtual

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: