Últimos días para presentar traballos ao Concurso de Microrrelatos do IES Río Cabe

Ata o 16 de abril está aberta esta convocatoria, unha das suxerencias propostas polo instituto monfortino para dinamizar o confinamento

O Concurso de Microrrelatos do IES Río Cabe repartirá tres premios entre os mellores traballos presentados. (Foto: Pixabay)

O IES Río Cabe de Monforte ten aberto ata o xoves 16 de abril o prazo para participar no seu Concurso de Microrrelatos. A convocatoria, aberta a todas as persoas que queiran participar, ten colgadas as bases na páxina web do instituto, dentro da nova entrada “Suxestións de…”. Neste apartado, docentes e ex docentes do IES Río Cabe van propoñendo diversas actividades lúdicas e culturais para animar os días de confinamento por mor da crise sanitaria.

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS E COMO ENVIALOS

Nas bases do concurso, especifícase que os traballos, cun límite dunha entrega por persoa, non deberán exceder das 100 palabras sen contar o título. Os escrito, de temática libre, han de incluir nalgún momento o nome “Río Cabe”. En canto ao idioma, poderanse presentar composicións escritas en galego, castelán, inglés, francés ou alemán.

Os envíos dos textos faranse ao enderezo electrónico do instituto ies.rio.cabe@edu.xunta.gal, como documento adxunto, en formato Word. O documento irá firmado cun seudónimo. Será no propio correo onde se especificará o seudónimo e o nome orixinal do autor da obra.

TRES PREMIOS

O xurado, integrado por profesores dos diversos departamentos de linguas do IES Río Cabe, poderá excluír do concurso aqueles textos que non sexan orixinais. Así mesmo, poderán declarar deserto o concurso en función do número de obras presentadas e da súa calidade.

O fallo do xurado, que será inapelable, escollerá tres microrrelatos, para os que haberá tres premios. O primeiro galardón consistirá nun bono de 30 euros para gastar nunha librería de Monforte. O segundo premio será un lote de libros, e o terceiro, un suadoiro do IES Río Cabe.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello do Saviñao compra outras 4.000 mascarillas

Seguinte Nova

Reparto de mascarillas en estacións de tren e autobús do sur de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: