ACES-Sarria participou na campaña de dinamización conxunta dos Centros Comerciais Abertos de Galicia

A iniciativa, na que participaron 40.000 persoas, repartiu en Galicia 1.350 euros en vales de compra para gastar ao remate do confinamento

Cartaz da campaña promovida por 27 centros comerciais abertos de Galicia, que sorteou 1.350 euros en vales de compra para gastar tralo confinamento. (Foto: ACES-Sarria)

A pandemia do coronavirus baixou a persiana do pequeno comercio, pero non pechou o seu espírito dinamizador. Durante as semanas de confinamento, estivo en marcha nas redes sociais a campaña “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón”, posta en marcha por 27 centros comerciais abertos de Galicia para premiar a fidelidade dos seus clientes. A iniciativa partiu da Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas á que se sumaron, entre outros, ACES-Sarria. Con esta campaña, o mercado galego e o sarriao quixeron lembrar aos seus clientes que o comercio local sempre está ao seu carón, incluso en momentos tan graves como o que se está a vivir pola emerxencia sanitaria.

COMENTARIOS SOBRE A NOSTALXIA DE MERCAR NO PEQUENO COMERCIO

A campaña desenvolveuse na páxina de Facebook da Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos, mediante a aportación de comentarios por parte dos consumidores sobre que era o que máis botaban de menos do comercio de proximidade polo peche da pandemia. Cada participante debía subir o seu comentario e compartir dita campaña para poder entrar no sorteo de 27 vales de compra por valor unitario de 50 euros. Estes vales, cun importe total de 1.350 euros, poderán canxearse nos establecementos asociados de cada localidade a partir do remate oficial do confinamento. Dende ACES-Sarria valoraron como “moi satisfactoria” a acollida desta campaña polos consumidores, cun alcalce estimado de 40.000 persoas. O sorteo da campaña celebrouse o luns 13 de abril, no que Antía Traba García resultou gañadora do vale correspondente ao centro comercial aberto de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chega a Pantón un novo lote de material de protección da Xunta

Seguinte Nova

Reparto de mascarillas en Quiroga da nova quenda achegada polo Goberno central

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: