Efectivos da UME realizaron tarefas de desinfección no poboado monfortino de As Lamas

Esta era unha petición do Concello de Monforte á Subdelegación do Goberno

Traballos de desinfección do poboado de As Lamas, en Monforte, a cargo de efectivos da UME, o 14 de abril. GPSGL

Monforte acolleu unha nova quenda de traballos de desinfección por parte da Unidade Militar de Emerxencias (UME). O 14 de abril, efectivos deste corpo procederon á desinfección da contorna do poboado xitano de As Lamas, dando resposta á petición cursada polo Concello á Subdelegación do Goberno.

Na solicitude municipal, cursada o 5 de abril, o alcalde, José Tomé, expresou a súa “preocupación polo que puidera darse no Poboado Xitano ubicado na zona de As Lamas, xunto ó campo da feira, ó que se accede pola estrada de Monforte a Currelos”. Na petición, Tomé xustificaba unha nova intervención da UME en Monforte polo obxectivo do Goberno local “de manter os lugares de máis presencia de persoas o máis asépticos posible”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O consumo de alimentos nos fogares galegos aumentou un 16,5% na terceira semana do confinamento

Seguinte Nova

A Deputación prepárase para o día despois do confinamento comprando 220.000 unidades de material de protección

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss