O Concello de Bóveda prepara un reparto de mascarillas e luvas para toda a veciñanza

A distribución está prevista para mediados desta semana

A nova quenda de reparto de mascarillas e luvas en Bóveda será esta mesma semana. GPCB

A veciñanza de Bóveda disporá gratuitamente de equipos de protección contra o coronavirus. O Concello vén de adquirir un lote de mascarillas e luvas suficiente para dar cobertura a todos os veciños e veciñas.

Segundo informaron os responsables municipais, o reparto estará a cargo de membros do equipo de Goberno local, os pedáneos e os seus colaboradores. Deste xeito, as persoas que teñan que saír do seu domicilio para traballar ou por causas xustificadas diminuirán o risco de contaxio. O reparto realizarase en condicións de seguridade, tanto para as persoas implicadas na distribución como para os propios veciños.

Como xa se fixo na quenda anterior, as mascarillas e luvas comezarán a repartirse no Centro de Saúde e na Residencia, para continuar polos domicilios.

Dende o Concello de Bóveda insistiron na necesidade de seguir as indicacións das autoridades sanitarias, e permanecer nos domicilios para frear a propagación do coronavirus.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG de Sarria ofrece ao Goberno local colaboración conxunta para paliar as consecuencias da pandemia

Seguinte Nova

Chega a Pantón un novo lote de material de protección da Xunta

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: