Reparto de mascarillas en Quiroga da nova quenda achegada polo Goberno central

Tamén se distribuíron mascarillas en zonas de acceso a polígonos noutra vintena de municipios lucenses

Reparto das mascarillas achegadas polo Goberno central en Quiroga, o 14 de abril. GPSGL

O Goberno central continúa a distribución de mascarillas de protección fronte o coronavirus, logo da reincorporación laboral a varios sectores non esenciais. O reparto, que se iniciou na xornada do 13 de abril, continuou ao día seguinte con actuacións nunha vintena de municipios, como Quiroga, Sarria, Chantada, Monterroso ou Palas de Rei. Na xornada do 15, continuará en Quiroga e en Monforte, cidade na que é festivo o Martes de Pascua.

“BOA RESPOSTA E GRAN RESPONSABILIDADE” DA CIDADANÍA NA SEGUNDA XORNADA DE REPARTO DE MASCARILLAS

O lote achegado polo Goberno central inclúe un total de 74.000 mascarillas. Dende a Subdelegación do Goberno en Lugo, destacaron o traballo feito pola Policía Nacional e a Garda Civil, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e Policía Autonómica. A subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, salientou a “boa resposta cidadá” e a “gran responsabilidade da que dan proba os traballadores lucenses”. Rodríguez lembrou que, segundo as directrices do Goberno central, o uso da mascarilla non é obrigatorio pero si recomendable para frear o contaxio do coronavirus.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-Sarria participou na campaña de dinamización conxunta dos Centros Comerciais Abertos de Galicia

Seguinte Nova

O consumo de alimentos nos fogares galegos aumentou un 16,5% na terceira semana do confinamento

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: