Educación repartiu ordenadores con conexión a internet para escolares sen recursos en 12 centros do sur

No total da provincia, a Consellería achegou 156 equipos para garantir o acceso á formación on line durante a emerxencia sanitaria

Os equipos cedidos pola Xunta están formados por un ordenador portátil e unha conexión a internet por familia. GPXG

A Consellería de Educación completou o reparto de 156 ordenadores portátiles con conexión a internet para familias sen recursos. O obxectivo desta medida é garantir que todos os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional da provincia poidan continuar coa actividade académica durante a suspensión das clases presenciais por mor da pandemia.

DETALLE DOS CENTROS QUE RECIBIRON EQUIPOS NA ZONA SUR

Segundo informaron dende Educación, os equipos achegáronse a 37 institutos públicos, 12 centros públicos integrados, e tres centros integrados de Formación Profesional. Na zona sur, foron 12 os centros que recibiron este tipo de recursos, para ser distribuídos entre os estudantes con menos recursos: os tres institutos de Monforte, os dous IES de Chantada, o IES de Quiroga e os CPI San Tomé do Carballo, en Taboada, Doutor López Suárez, en Escairón, e Poeta Uxío Novoneyra, en Folgoso. Tamén entraron no reparto os dous IES de Sarria, e o CPI Ramón Piñeiro de Láncara.

CRITERIOS DE REPARTO

As condicións deste servizo establecen que a cesión de equipos con conectividade realizarase como préstamo persoal ás familias, tres por centro educativo, para que os estudantes poidan dar continuidade á súa formación dende o domicilio. Os centros deciden o reparto en función das condicións socioeconómicas, con prioridade para o alumnado dos cursos de fin de etapa que titulen, como é o caso de 4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de Formación Profesional. Tamén se priorizará ás familias que non dispoñan de ordenador nin de conexión a internet.

Esta iniciativa da Xunta para dar continuidade á actividade académica on line durante o estado de alarma conta coa colaboración dos operadores R, Vodafone e Orange.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúa o reparto de mascarillas para os traballadores da zona sur de Lugo

Seguinte Nova

Medio Rural anima aos distribuidores a sumarse á rede Mercaproximidade, para impulsar os produtos agroalimentarios galegos

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: