Medio Rural anima aos distribuidores a sumarse á rede Mercaproximidade, para impulsar os produtos agroalimentarios galegos

A medida da Consellería trata de dar saída aos produtos afectados polo peche da hostelería e dos mercados de proximidade

José González, conselleiro do Medio Rural, durante a videoconferencia que mantivo co presidente do CRAEGA, Francisco López, o 15 de abril. (Foto: XOÁN CRESPO).

O conselleiro do Medio Rural, José González, continúa coa rolda de contactos co sector agroalimentario para tratar de buscar solucións á saída de produtos galegos, afectados polo peche xeral por mor do estado de alarma. Logo da posta en marcha, esta semana, da rede Mercaproximidade, González está a sumar novos distribuidores e cadeas de subministro, para paliar as perdas ocasionadas polo peche da hostelería e dos mercados de proximidade. Os contactos da Consellería establecéronse tamén cos propios produtores, para coñecer de primeira man a súa situación, e as necesidades que plantean para superar esta crise.

A REDE MERCAPROXIMIDADE CONTA XA CON SETE DOS GRANDES DISTRIBUIDORES DE ESPAÑA

Con esta intención, na xornada do 15 de abril, o conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro por videoconferencia co presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA), Francisco López. O titular autonómico informoulle das xestións que está a desenvolver dende o seu departamento, así como as características da iniciativa Mercaproximidade. Esta rede vén de acadar a adhesión de distribuidores de primeiro nivel, como Gadisa, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour e Grupo Cuevas, aos que hai que engadir a recente inclusión de Lidl. Dende a Consellería seguen a traballar para que se sumen á iniciativa as empresas que subministran a colectividades e as plataformas de venda on line. A idea da Consellería é promover tamén a saída, a través deste tipo de cadeas, dos produtos agroalimentarios galegos que contan con certificación ecolóxica.

REQUISITOS PARA ADHERIRSE A MERCAPROXIMIDADE COMO PROVEDOR

González aproveitou a reunión telemática co presidente do CRAEGA para anunciar que xa está aberta a posibilidade de que os agricultores, gandeiros e transformadores de Galicia poidan darse de alta como provedores da rede Mercaproximidade. Os interesados poden enviar os seus datos e o tipo de produción ao enderezo electrónico mercaproximidade@xunta.gal. Para adherirse a esta rede, é preciso estar rexistrado como explotación ou industria agraria, e asinar unha declaración responsable na que conste que un mínimo do 50% dos seus ingresos proveñen da hostalería e dos mercados municipais.

IMPLICAR AO CONSUMIDOR FINAL PARA QUE VALORE OS PRODUTOS DE PROXIMIDADE E AO AGRO GALEGO COMO SUBMINISTRADOR NESTES TEMPOS DE CRISE

En canto ao consumidor, a Consellería vai iniciar unha campaña de sensibilización nos establecementos de venda e nos medios de comunicación. O obxectivo é implicar aos consumidores finais da importancia de mercar produtos de proximidade, pola súa calidade e pola importancia que está a ter o agro galego como subministrador de alimentos durante o periodo de confinamento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Educación repartiu ordenadores con conexión a internet para escolares sen recursos en 12 centros do sur

Seguinte Nova

O Concello de Pantón anuncia máis accións de emerxencia durante a pandemia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss