Novo concerto en directo no Facebook do Concello da Pobra do Brollón

Laura LaMontaigne e PicoAmperio animarán outra sesión do ciclo #CosPésNaCasa, o sábado 18 de abril ás 21:00

Imaxe promocional do concerto que ofrecerán Laura LaMontaigne e PicoAmperio o 18 de abril a través do Facebook do Concello da Pobra do Brollón. GPCPB

O ciclo de música #CosPésNaCasa, que ten en marcha o Concello da Pobra do Brollón para animar o confinamento, ofrecerá unha nova sesión o sábado 18 de abril. A partir das 21:00 horas, poderá seguirse a través da páxina de Facebook do Concello, o concerto en directo de Laura LaMontaigne e PicoAmperio. Os músicos amosarán a súa orixinal mestura de música electrónica e folclore galega e portuguesa.

UN CONCERTO QUE SERÁ “UNHA VIAXE ECLÉCTICA ENTRE A XEOGRAFÍA DE GALICIA E PORTUGAL”

Sobre a vindeira cita musical no Facebook do Concello da Pobra, Laura LaMontaigne considerou que será “unha experiencia ecléctica, unha viaxe tocando diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa”. Entre as referencias máis salientables que integran o repertorio de LaMontaigne están Fernando Pessoa, Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Airas Nunes ou Martín Códax, xunto a textos de elaboración propia.

MÓBIL, ALTOFALANTE E SUBIR VOLUME PARA DESFRUTAR DESTE CONCERTO DE FUSIÓNS MULTICULTURAIS

LaMontaigne e PicoAmperio lanzaron unha recomendación ao público para ir preparando o concerto. Os músicos propoñen a cada usuario que conecten o móbil a un altofalante e subir o volume, para desfrutar ao máximo da súa fusión de hip-hop, música india, cantigas medievais ou ambient, entre outras influencias musicais.

MÁIS CONTIDOS NAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO E EN GUIMARALIA TV

Para ir quentando motores, dende o Concello da Pobra xa subiron ás redes sociais un adianto do que será este concerto. Así mesmo, en breve poderase ver en Guimaralia TV, a canle de televisión de balde que ofrece o Concello, unha entrevista a distancia con Laura LaMontaigne e PicoAmperio, acompañada de varias pezas audiovisuais sobre asuntos de interese, elaborados coa colaboración da veciñanza.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Pantón anuncia máis accións de emerxencia durante a pandemia

Seguinte Nova

Nenos e nenas do colexio de Escairón únense nun vídeo para enviar ánimo e esperanza no confinamento

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss