Seis residencias do sur lucense recibiron novos lotes de material de protección da Xunta

As aportacións deste terceiro envío, con destino a Bóveda, Chantada, Monforte e Sarria, incluíron luvas, xel, desinfectante, mascarillas de dous tipos, e traxes especiais

A hixiene de mans e a protección básica con mascarilla son imprescindibles para frear o contaxio do coronavirus. (Foto: Pixabay)

A finais desta semana, a Xunta formalizou a entrega dun terceiro envío de material de protección frente ao coronavirus a seis residencias situadas en Bóveda, Chantada, Monforte e Sarria. Cadanseu lote incluiu dende mascarillas ata xel e desinfectante, ademais de guantes e traxes de protección.

PROTECCIÓN PARA BÓVEDA

Segundo informaron dende a Delegación da Xunta en Lugo, a Residencia DomusVI de Bóveda recibiu esta semana un envío integrado por 1.000 luvas, 1.550 mascarillas cirúrxicas, 29 botes de xel hidroalcohólico, 17 garrafas de desinfectante, 22 mascarillas FFP2, 358 batas protectoras, 22 mandís, 200 gorros e 400 calzas.

DOTACIÓN PARA CHANTADA

A Residencia DomusVI de Chantada foi a destinataria dun lote composto por 1.200 luvas, 1.850 mascarillas cirúrxicas, 29 botes de xel hidroalcohólico, 20 garrafas con desinfectante, 27 mascarillas FFP2, e traxes de protección que incluíron 428 batas, 27 mandís, 300 gorros e 600 calzas.

TRES RESIDENCIAS EN MONFORTE

En Monforte, a dotación achegada ás vivendas tuteladas de Agora estivo composta por 100 luvas, 100 mascarillas cirúrxicas, un bote de xel hidroalcohólico, unha garrafa desinfectante, unha mascarilla FFP2, 18 batas, un mandil, 100 gorros e 200 calzas. Pola súa banda, a Residencia DomusVI da cidade do Cabe recibiu 1.000 luvas, 1.550 mascarillas cirúrxicas, 26 botes de xel hidroalcohólico, 16 garrafas desinfectantes, 22 mascarillas FFP2, 355 batas, 22 mandís, 200 gorros e 400 calzas. Por último, a Residencia Virxe da Luz foi a destinataria doutro lote con 300 luvas, 450 mascarillas cirúrxicas, 9 unidades de xel hidroalcohólico, 5 garrafas con desinfectante, 6 mascarillas FFP2, 103 batas protectoras, 6 mandís, 100 gorros e 200 calzas.

LOTE PARA SARRIA

En Sarria, o terceiro envío da Xunta achegou un lote formado por 1.900 luvas, 2.950 mascarillas cirúrxicas, 45 unidades de xel hidroalcohólico, 31 garrafas con desinfectante, 42 mascarillas FFP2, 676 batas protectoras, 42 mandís, 400 gorros e 800 calzas.

En total, 19 residencias da provincia de Lugo recibiron preto de 50.000 unidades de desinfección e protección neste terceiro envío realizado pola Xunta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-Sarria lanza unha plataforma on line para apoiar aos pequenos comerciantes

Seguinte Nova

Completadas as tarefas de desbroce en 13 quilómetros do corredor entre Nadela e Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: