A cultura lucense chora á poetisa de Ribadeo Luz Pozo Garza

A autora, falecida aos 97 anos, adicou o seu derradeiro poemario ás terras de Lemos, berce da súa familia materna

Luz Pozo Garza foi unha das mulleres pioneiras da cultura galega contemporánea, e «unha das voces esenciais da literatura galega», segundo destacou Ferreiro. (Arquivo: Cultura.gal)

O mundo da cultura lucense lamenta o falecemento da poetisa Luz Pozo Garza. A vicepresidenta da Deputación e responsable de Cultura, Maite Ferreiro, fixo unha lembranza da autora de Ribadeo, que morreu o 20 de abril na Coruña aos 97 anos. Ferreiro destacou a figura de Pozo Garza como “unha das voces esenciais da literatura galega”, e puxo en valor a súa faceta de “pioneira” nos dereitos das mulleres. A escritora de Ribadeo “impúxose aos prexuizos cos que as mulleres tiveron que loitar para abrirse camiño no mundo literario nos difíciles tempos da posguerra e da ditadura”, salientou Ferreiro. A mandataria provincial apuntou tamén a importancia co vínculo de Pozo Garza coa Mariña, comarca na que naceu e residiu boa parte da súa vida, e coas terras de Lemos, “onde están as súas orixes”.

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo en 1922, estivo moi vinculada a Viveiro, vila da que foi nomeada Filla Adoptiva en 2018, e Filla Predilecta en xaneiro de 2020. Maite Ferreiro trasladou o seu pésame á familia e ao entorno máis cercano á poetisa. Luz Pozo Garza foi a segunda muller en ocupar unha cadeira no Pleno da Real Academia Galega, e a primeira en desempeñar un posto na dirección desta institución, como vicesecretaria no periodo entre 1997 e 2001.

A FAMILIA GARZA RESIDIU NO PAZO DE TOR NO SÉCULO XIV

O vínculo de Luz Pozo Garza coa comarca de Lemos ten que ver tanto coa súa obra como coa historia familiar. Os Garza, familia materna da poetisa, residiron no Pazo de Tor en torno ao século XIV. A este mesmo edificio, un dos emblemas da arquitectura galega na provincia, está adicado o derradeiro poemario de Pozo Garza. “Pazo de Tor”, editada polo selo Alvarellos en 2019, recolle unha trintena de poemas inspirados na primeira visita que realizou a autora a este emprazamento, agora incluído na Rede Museística Provincial de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello do Incio axuda a seguir o curso dende casa

Seguinte Nova

O persoal das residencias lucenses recibiu 13.000 mascarillas da Subdelegación do Goberno

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: