Ofrece aos escolares a impresión dos deberes e o reparto semanal a domicilio, todo de balde

Os escolares do Incio contan dende hoxe cun novo servizo de apoio ao estudo. O Concello ofrece de balde a impresión das tarefas propostas polos mestres do CEIP Ricardo Gasset, e entréganos a domicilio sen custe adicional.
REPARTO TODOS OS LUNS MENTRES DURE O CONFINAMENTO
A recepción nos domicilios farase todos os luns a partir do 20 de abril, e mentres dure o periodo de confinamento. Para levar isto a cabo, o profesorado do CEIP Ricardo Gasset envía ao Concello a documentación co material didáctico, que se imprime no propio Consistorio. O persoal municipal é o encargado de facer a distribución casa por casa.
A iniciativa trata de facilitar o seguemento do curso escolar ás familias que non dispoñan de impresora ou equipos informáticos no domicilio. A vontade é, segundo o alcalde, Héctor Corujo, “colaborar coas familias e co colexio en todo aquel en que o Concello poida ser de axuda”.