O persoal das residencias lucenses recibiu 13.000 mascarillas da Subdelegación do Goberno

Esta é a cifra total entregada para a protección destes traballadores na campaña desenvolvida do 13 ao 17 de abril

Entrega das mascarillas para a protección do persoal da residencia de Quiroga, na campaña desenvolvida pola Subdelegación do Goberno do 13 ao 17 de abril. GPSGL

O reparto de material de protección coordinado pola Subdelegación do Goberno na provincia destinou 13.000 mascarillas ao persoal que traballa nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade. Estas unidades de protección repartíronse entre o 13 e o 17 de abril, co fin de protexer a este persoal durante os seus desprazamentos por motivos laborais.

Dentro desta campaña, a Subdelegación tamén distribuiu mascarillas aos usuarios do transporte público, entidades sociais, colectivos profesionais como taxistas ou panadeiros, e asociacións empresariais. O obxectivo desta campaña foi, segundo destacaron dende a Subdelegación, protexer “ao maior número posible de traballadores da provincia de Lugo que realizan labores de interese social ou son empregados de sectores esenciais”.

A subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, agradeceu “a implicación e compromiso social” da Policía Nacional e da Garda Civil, encargados de realizar o reparto, en ocasión coa colaboración da Policía Local, Policía Autonómica e Protección Civil, colectivos aos que tamén transmitiu o seu agradecemento de forma expresa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A cultura lucense chora á poetisa de Ribadeo Luz Pozo Garza

Seguinte Nova

Avances no primeiro Plan de Acción da Paisaxe da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: