O Concello ofrece de balde este material, para que os cativos poidan saír a pasear cando o Goberno central o permita
O Concello de Sober prepara a desescalada do confinamento, pensando nos máis novos. A partir do 22 de abril, as familias soberinas poden dispoñer de mascarillas infantís para que os cativos poidan saír cando o Goberno central así o permita.
NAS FARMACIAS DE SOBER, CON DÚAS TALLAS SEGUNDO IDADE
Segundo explicaron dende o Concello, as mascarillas infantís son de dúas tallas, unha pequena para nenos e nenas de 3 a 7 anos, e outra máis grande para rapaces de 8 a 12 anos. As autoridades sanitarias non recomendan o uso de mascarillas para os menores de 3 anos.
As mascarillas, dúas por cativo, poderán retirarse nas farmacias da capitalidade soberina, xunto cun manual de uso, segundo a normativa aprobada polo Ministerio de Sanidade. Dende o Concello explicaron que as mascarillas son de triple capa, elaboradas con material téxtil, recomendado polo Ministerio de Sanidade.