Sober recupera a loita contra a velutina

O Concello entregou de balde material aos apicultores, e xa se colocaron 50 trampas en puntos estratéxicos do municipio

Un operario municipal instala unha trampa para velutina nunha parroquia de Sober. GPCS

O 20 de abril, o Concello de Sober retomou as accións de defensa contra a avespa velutina, coa entrega de balde de trampas e atraente aos apicultores. Na primeira xornada, instaláronse 50 trampas en árbores froiteiras situadas en puntos estratéxicos do municipio, repartidos polas 22 parroquias soberinas. Dende o Consistorio informaron de que se colocarán 150 trampas máis, ata un total de 200.

CADA NIÑO ANULADO IMPIDE QUE HAXA ENTRE 5.000 E 7.000 AVESPAS

Os responsables municipais explicaron que esta acción trata de impedir que a avespa raíña empece a formar niños, logo de rematar o tempo de hibernación. Por cada niño primario que se anule, evítase a aparición de entre 5.000 e 7.000 exemplares de avespa asiática.

CHAMAR AO 112 PARA A RETIRADA DOS NIÑOS DE VELUTINA

Dende o Concello de Sober insistiron na precaución, polo que, se hai constancia dalgún niño de velutina, hai que chamar ao teléfono 112 para que veñan a sacalo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Retoman os traballos de reforma da estación de autobuses de Monforte

Seguinte Nova

Tomé estima que terá aprobada a primeira RPT do Concello para xuño de 2021

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss