Arrancan as obras na estrada LU-633 nun tramo do Camiño Francés en Triacastela

A Xunta destina case 45.000 euros a estes traballos, que estarán rematados a finais de xullo

Os traballos nunha antiga curva da LU-633 estarán completados en tres meses. GPDTL

Na xornada do 23 de abril, comezaron os traballos de arranxo dun treito da estrada autonómica LU-633, que transcorre polo municipio de Triacastela. Segundo informaron dende a Delegación Territorial, a Xunta inviste preto de 45.000 euros neste proxecto, que permitirá aumentar a seguridade deste vial e do novo espazo de lecer anexo.

APROVEITAMENTO DUNHA ANTIGA CURVA PARA CREAR UNHA ZONA DE LECER E MELLORAR A SEGURIDADE DA ESTRADA

As obras concéntranse no punto quilométrico 28 desta estrada, á saída de Triacastela, nun antiguo tramo en curva. Este treito vaise acondicionar para empregalo como espazo público de lecer. No vial, vaise mellorar o firme cunha mestura bituminosa en quente, e se instalará unha barreira de seguridade para protexer a nova zona de lecer do tráfico da estrada. Por último, faranse correcións do nivel do chan, para proceder á súa humanización coa colocación de bancos e dunha zona verde.

Dende a Delegación Territorial da Xunta, as obras buscan incrementar a seguridade de todo tipo de usuarios, xa que é un vial que coincide cun treito do Camiño Francés a Santiago. A previsión é que os traballos estean rematados en tres meses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os nenos e nenas de Sober xa están equipados para desfrutar da rúa

Seguinte Nova

850.000 euros en axudas para rehabilitar vivendas este ano na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss