Os cativos do Saviñao disporán de mascarillas de balde para poder saír á rúa

O Concello repartirá 200 unidades a partir do 24 de abril

A mascarilla comeza a ser un complemento importante para preparar a saída á rúa por mor da pandemia. (Foto: Pixabay)

Conta atrás no sur de Lugo para o 27 de abril, data de apertura dos permisos de saída á rúa para os cativos ata 12 anos. No Saviñao, o Concello ten preparadas 200 mascarillas infantís coas que garantir a seguridade de todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos que hai no municipio. Segundo explicaron os responsables municipais, as mascarillas poderán recollerse na Casa Consistorial ou, se os proxenitores non poden desprazarse a recollelas, poderán servirse a domicilio previa solicitude telefónica.

“COMPORTAMENTO VERDADEIRAMENTE EXEMPLAR” DOS CATIVOS NESTES DÍAS

O alcalde, Juan Carlos Armesto, agradeceu aos cativos do Saviñao “o seu comportamiento verdadeiramente exemplar” que están a ter durante o confinamento. O rexedor confía en que os máis novos van asumir “a nova etapa coa mesma responsabilidade” amosada nos días de permanencia obrigada nos domicilios.

Dende o Consistorio, Armesto afirmou que o equipo de Goberno “vai seguir traballando para paliar os efectos desta crise sanitaria”.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia ten 6534 casos activos de coronavius, un 1,84% máis co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 8.634, volve a medrar o incremento: 1,96%

Seguinte Nova

Os nenos e nenas de Sober xa están equipados para desfrutar da rúa

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: