Os nenos e nenas de Sober xa están equipados para desfrutar da rúa

O Concello iniciou o reparto das mascarillas reutilizables e adaptadas aos cativos

Unha familia de Sober recibe as mascarillas infantís e o lote de material escolar para estudar dende a casa. GPCS

Os cativos de Sober comezaron a recibir as mascarillas adaptadas que o Concello adquiriu para protexer a este sector da poboación ante o próximo permiso de saída á rúa. O Goberno local adquiriu un lote de mascarillas infantís, en dúas tallas, para entregar dúas por cada neno. Segundo informaron os responsables municipais, estas pezas son reutilizables, e van acompañadas dun manual de uso con indicacións oficiais avaladas polo Ministerio de Sanidade.

REPARTO A DOMICILIO COS DEBERES DO COLEXIO

O reparto faise casa por casa, aproveitando a entrega dos traballos correspondentes ao terceiro trimestre escolar. A distribución a domicilio está a cargo de membros de Protección Civil.

Este material dará protección aos nenos de 3 a 12 anos, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias. Para os menores de 3 anos, non está recomendado o uso deste tipo de pezas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os cativos do Saviñao disporán de mascarillas de balde para poder saír á rúa

Seguinte Nova

Arrancan as obras na estrada LU-633 nun tramo do Camiño Francés en Triacastela

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: