Receitas nas redes sociais para promover os produtos agroalimentarios de Triacastela

A iniciativa do Concello busca tamén dar a coñecer a hostalería e os atractivos turísticos do municipio, para cando remate a pandemia

Unha das receitas que poden verse nas redes sociais do Concello de Triacastela, elaborada a base de carne de cachena. GPCT

Aproveitar o tempo de confinamento para ir coñecendo lugares aos que visitar máis adiante é un dos obxectivos da iniciativa posta en marcha polo Concello de Triacastela. Dende o Consistorio, e coa colaboración de empresarios de hostalería e restauración, teñen aberto nas redes sociais unha canle de receitas tradicionais, elaboradas con produtos da zona. Os pratos permiten coñecer as posibilidades gastronómicas da carne, o embutido, o queixo ou o mel de Triacastela, entre outros.

PROMOVER AGORA A COMPRA DO PRODUTO LOCAL, E IR DEGUSTALO CANDO SE POIDAN ABRIR OS ESTABLECEMENTOS

Segundo explicou a alcaldesa, Olga Iglesias, esta canle permitirá que “as persoas que nos vexan saiban o bo produto que temos en Triacastela, que o sigan mercando e que poidan vir degustalo unha vez poidan retomar a actividade”.

COÑECER OS SABORES DE TRIACASTELA A TRAVÉS DO FACEBOOK E DO INSTAGRAM

Iglesias agradeceu a colaboración de todos os negocios de hostalería e restauración que están compartindo as súas receitas. Os pratos poden verse a través da páxina de Facebook do Concello de Triacastela, e na súa conta de Instagram. Na primeira semana de funcionamento desta canle, xa se pode ver cómo se preparan receitas tradicionais como o cocido a base de produtos da zona, a carne de cachena San Breixo, e as croquetas de xamón.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis música para animar o confinamento no Facebook do Concello da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Galicia ten 6704 casos activos de coronavius, un 0,86% máis co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 8.932, volve a baixar o incremento: 1,33%

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: