Tras máis de corenta días de confinamento, Galicia rexistra ainda 184 contaxios novos o día, según os datos oficiais.

O índice de casos activos estabilízase, e o de novos casos rexistra un preocupante repunte, mentres o gobernó comenza a falar de desconfinamento.

O Editor. Gonzalo L. Torres

Sen querer entrar a valorar a veracidade da información oficial que recibimos, e que cando menos é cuestionable, non en balde, desde o pasado día 24 de abril, o Goberno só contabiliza como novos infectados a aqueles que foron diagnosticados cunha proba PCR, ao considerar que este sistema é o único adecuado para analizar a estatística, esquecéndose dos outros 17.854 casos positivos mediante test rápidos de detención de anticorpos, tendo en conta só os datos oficiais, chama con todo poderosamente a atención que en Galicia (aínda que a análise sería perfectamente exportable para o resto do Estado), aínda haxa 184 novos contaxios 43 días despois de comezar as medidas de confinamento. Ao enorme volume de información e desinformación que nos chegan aos medios e a todos os cidadáns estes días, ninguén parece cuestionarse esta realidade. O certo é que en Galicia hoxe rexistramos un número de novos contaxios similar ao do 7 e o 10 de abril, ou o do 22 de marzo. E mentras, todo todo o mundo a falar do levantamento do confinamento, de desescalada, de volta a unha nova normalidade (qué medo da pensar nesta nova realidade que nos auguran), de paseos cos nenos, da volta do futbol, de cando abrirán os bares, e como faremos co turismo e dos desinfectantes curalotodo de Trump.


Pero outra é a cuestión, non haberá desconfinamento posible, nin volta á realidade, nin nova nin vella, nin activación dunha economía que se desmorona apenas sostida por un salto ao futuro a lombos dunha débeda privada e pública de máis que dubidosa cobranza, se antes de todo iso non se resolve o auténtico problema que como sociedade temos neste momento. É dicir, frear ao coronavirus. Acabar coa pandemia. Se non o conseguimos nun prazo razoable de tempo, ademais da nosa saúde que seguirá en permanente perigo, teremos serios problemas para manter a organización económica e social tal e como a coñeciamos ata o momento. Faise pois necesario priorizar a loita contra o virus, e cando o venzamos, pensar nas medidas sociais e económicas precisas para recuperar a normalidade perdida. Pero querer que todo vaia mellor canto antes, non significa que iso estea pasando realmente. Faise moi importante non equivocarse, non enganar ni enganarse, pois en caso de erro, non seremos capaces nin de acabar co virus, nin de recuperar un benestar social e económico, como nunca antes en Occidente alcanzouse. Pero non todo son malas noticias ou agoiros, ou fake news e manipulación social. A boa é que as vías de transmisión do virus que todos xa coñecemos, teñen un aliado fundamental no compoñente social dos humanos, na nosa necesidade de relacionarnos uns cos otros. Pero como seres recionáis que somos, podemos facer un lapsus nas nosas vidas e facer unha auténtica corentena para eliminar rapidamente o virus. Ás veces as présas son malas conselleiras. Manteñamos o confinamento, o máis estrito posible, espaciemos as compras, aguantemos un pouco máis, evitemos os riscos de contaxio. Gardel dicía que vinte anos non eran nada, pois nos só levamos 40 días pechados (e non todos, ni todos os días). Resistamos na casa un pouco máis. Nas nosas mans está tamén a solución. Non só nas dos nosos gobernantes.

E dito isto, deixo tamén a información oficial de cada día.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.824, deles 1.629 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.055 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 permanecen en UCI, 495 están en unidades de hospitalización e 6.239 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.783 altas de pacientes e 509 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 82.993

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia ten 6704 casos activos de coronavius, un 0,86% máis co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 8.932, volve a baixar o incremento: 1,33%

Seguinte Nova

Charlas científicas por videoconferencia para o alumnado do IES A Pinguela

Últimas noticias sobre SALUD

 
A %d blogueros les gusta esto: