En marcha un novo reparto de equipos informáticos para escolares sen recursos

Educación distribúe outros 1.750 unidades, formadas por ordenador portátil e conexión a internet, para garantir o seguemento on line do curso escolar

Imaxe de arquivo dos equipos informáticos e de conectividade repartidos pola Xunta a mediados de abril. GPXG

A finais da semana pasada, a Xunta iniciou a distribución dun novo lote de equipos informáticos, cos que garantir que os estudantes con menos recursos poidan seguir o curso escolar dende as súas casas. A nova dotación inclúe 1.750 equipos, compostos por un ordenador ultraportátil, un route wifi 4G e unha liña de datos 4G de balde. A Consellería de Educación levou adiante esta iniciativa coa colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R, e do Ministerio de Educación con Telefónica.

Segundo precisaron dende Educación, esta nova entrega, a segunda dende comezou o estado de alarma, vai dirixida de novo ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de centros públicos que teñen máis dificultades para acceder ao ensino on line durante o peche das aulas polo estado de alarma.

CRITERIOS SOCIOECONÓMICIOS, DE FENDA DIXITAL, E DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Os centros de loxística da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Amtega) son os responsables de facer chegar os equipos aos centros de ensino. Pola súa banda, o reparto dos kits de conectividade é competencia dos equipos directivos, que xa evaluaran previamente as necesidades do seu alumnado. Ademais da situación socioeconómica das familias, tivéronse en conta outros criterios para a cesión dos equipos en préstamo, como son a non disposición nas casas de ordenador nin de conexión a internet, ou a matrícula en cursos de final de etapa que titulen, como son 4º da ESO, 2º de Bacharelato ou 2º de Formación Profesional.

A ESO CONCENTROU O 70% DOS PRÉSTAMOS DA PRIMEIRA QUENDA

Na primeira quenda de reparto, a Consellería de Educación cedeu en préstamo un total de 997 equipos e kits de conexión en 333 centros escolares de toda Galicia. O 70% destes equipos tivo como destinatarios a alumnos de ESO, o 20% para estudantes de Bacharelato, o 7% correspondeu a persoas matriculadas en Formación Profesional, e o resto para alumnado de Ensinanza de Adultos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Flexibilizan os requisitos para ir coidar a leira

Seguinte Nova

A campaña Mascarilla-19, unha nova axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss