Flexibilizan os requisitos para ir coidar a leira

A Xunta permitirá desprazamentos a hortas e plantacións domésticas se están no mesmo municipio de residencia, ou ata os 5 quilómetros se están noutro concello

Dende o 25 de abril xa se pode ir á leira se está no mesmo municipio no que se reside, ou ata 5 quilómetros dende a casa se está fóra do noso Concello. (Foto: Pixabay)

A Xunta vén de anunciar novas medidas de flexibilidade para desprazamentos domésticos por coidado de plantacións, e tamén para realizar obras no interior de vivendas. As persoas que teñan plantacións de autoconsumo poderán ir traballar nela se o terreo está no mesmo termo municipal da súa residencia habitual. No caso de ter a leira noutro Concello, o límite de desprazamento será de 5 quilómetros dende o domicilio habitual.

AVARÍAS OU REPARACIÓNS URXENTES, E ACABAR AS INSTALACIÓNS OU REFORMAS XA INICIADAS EN VIVENDAS OCUPADAS

Tamén se permiten as obras no interior de edificios e vivendas, cando se trate de reparación urxentes de instalacións ou avarías, tanto en espazos comúns como particulares. A nova disposición da Xunta dá luz verde tamén a rematar obras xa comezadas e que se viron paralizadas coa declaración do estado de alarma. En concreto, permítese completar as instalacións ou reparacións en ascensores, obras de accesibilidade, e reparacións ou rehabilitacións dentro de vivendas habitadas, cando o estado das obras dificulte de xeito significativo a habitabilidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os artesáns lucenses terán axudas directas da Deputación

Seguinte Nova

En marcha un novo reparto de equipos informáticos para escolares sen recursos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: