A residencia de maiores de Sober, libre de coronavirus

A boa nova acadou gran repercusión do Facebook do Concello, con máis de 7.500 impactos

Foto de arquivo na homenaxe de aplausos ao persoal da Residencia Virxe do Carme de Sober. GPCS

A pandemia está a deixar cada vez máis boas noticias. En Sober, o 26 de abril confirmouse que a totalidade da plantilla e dos usuarios da residencia de maiores están libres de coronavirus. O resultado negativo nas probas ofreceu unha luz de esperanza na loita que aínda dura contra esta ameaza.

MÁIS DE 400 “GÚSTAME” NO FACEBOOK DO CONCELLO SOBERINO

A alegría trascendeu fóra da Residencia Virxe do Carme, xa que o anuncio desta nova no Facebook do Concello de Sober foi seguida por máis de 7.500 persoas, sumando 70 comentarios e 439 “gústame”. O propio Concello trasladou a súa ledicia por este resultado, e amosou o seu agradecemento “a todo o equipo de traballo da residencia, dirixido por Clara Bouzo Nóvoa”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte reparte 70.000 mascarillas entre as persoas empadroadas

Seguinte Nova

Mascarillas de balde para os cativos de Pantón

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: